Comundade Enerxética de Moeche

Promoción da Comunidade Enerxética Local de Moeche

Introducción

Que é unha comunidade enerxética?

As comunidades enerxéticas locais son entidades xurídicas, formadas por unha agrupación de socios (como persoas físicas, asociacións, pemes, administracións públicas…), que voluntariamente e con participación cooperativa, establecen os seus obxectivos na obtención de beneficios enerxéticos, sociais, ambientais e económicos, para os membros dunha comunidade ou terceiros.

Operativa

Como funciona?

As persoas e empresas que desexen participar na comunidade enerxética de Moeche desenrolaran proxectos de autoconsumo enerxético, principalmente fotovoltaico, nos que obterán un aforro na súa factura da luz.

instalacións de autoconsumo

Onde se farán as instalacións de autoconsumo?

Inicialmente o concello de Moeche poñerá a disposición da Comunidade Enerxética aquelas cubertas que sexan aptas para instalar enerxía fotovoltaica.
Naqueles casos non que non existan cubertas muncipais estudarase a posibilidade de utilizar cubertas privadas, ou mesmo instalacións en suelo.

Como se financia?

A comunidade Enerxética Local de Moeche finaciarase pola achega dos seus participantes, así como a través de axudas públicas e colaboración con entidades privadas.

Apuntate en:

Enviando un correo electrónico cos teus datos. Nome e apelidos, DNI, Dirección e Referecia catastral ao correo electrónico:
[email protected]

Ou premendo na seguinte ligazón, para achegar os teus datos:
https://forms.gle/L2t5CBkhkvc4yfkB8